Bueno, espero que xa recuperados do maratón que nos meteu o Maestro, Picos case podías vir ti coa "outra". Pablo e Lucho, íades ter un sprint cada 10 min...Bueno, a outra cousa.
DATA DO DESAFÍO:
Queda o Desafío para a última finde de xuño, é dicir: 29-30. O 29 é san Pedro e san Xemelgas, a ver se se estira algo...
Tamén se decidiu que hai que ir o día anterior porque senón entre cargar bicis-chegar alí (2h-2.30h)-descargar bicis-mírame ese cambio-ponme el eyeliner.... botamos 3-4h e habería que madrugar moito.
E aquí é onde hai que tomar unha decisión. A saber:
a) Saír o venres pola tarde, facer a ruta o sábado, volver o domingo con calma. (2 noites)
b) Saír o venres pola tarde, facer a ruta o sábado e volver pola noite. (1 noite)
c) Saír o sábado, facer a ruta o domingo e volver. (1 noite)
d) Saír o sábado de mañanciña e facer a ruta, ducha e cea-autohomenaxe a nós os máis juapos; dormila e volver o domingo (proposta por Marin).
Para dormir, o único que se me ocorre (por tamaño e situación) é este: Hotel Restaurante Valle San Emiliano. Se alguén ten unha opción mellor que o diga, eu nin coñezo este nin ningún outro.
Opinade aquí no blog e así podemos levar contas para facer as reservas.
Así que ... MANIFESTÁDEVOS, HOMES DE SAN PEDRO!!!
O enlace á webcam do comentario non funciona, así que aquí vai:
webcam



