1 Saímos da Torre de Andrade, en dirección a Pontedeume.
2. Seguimos cara a Barcia.
3. Pouco despois, apartamos a esquerda cara o Río Belelle (Parque micolóxico), unha zona preciosa, que vai pola beira do río.
4. Subimos ata Vilar de Mouros e paramos a almorzar en Cafetería A Palma (?): café pa todos e algo pa mollar, coller algo de comida da furgalla e a seguir.
5.- Cruzamos a AC121.
6.- Unha granxa antes de sobir ó Forgoselo.
7.- Baixamos dirección Goente, e no cruce coa AC-142, paramos para repostar. Pequeno almorzo. No bar hai tapa de callos. No propio bar tamén hai estanco.
Nota bici: Baixada do Belelle dende o Fontardión. (???)
8.- Cruzamos AC564.
9.- Cruzamos AC564, máis preto de A Capela.
10. Almorzo en O Pazo, preto do restaurante do mesmo nome.
Despois dun difícil acceso, baixada ó Monasterio de Caaveiro, rápida, vertixinosa..Coidado coa xente, que algunha se atreve a subir por alí. Hai moita area e polvo.
Paga a pena ver un pouco o Monasterio de Caaverio , Coller auga na fonte e sacar un par de fotos diante do xa remodelado Monasteiro, como todos sabedes situado en plenas Fragas do Eume, con ese microclima que o caracteriza.
A.- Pasamos pola central do Eume :Ultima parada da furgalla antes de cruzar o río e comezar a subida. Comeza o bó. (como se ata aquí fora un paseo..). Toca subir, subir moito, pero moito moito.. de cota 50m que está a central a cota 650 que está o mirardor... creo que son en 6 km 600m de desnivel, non está mal despois de 50km e 5 horas de ruta..
Disfrutamos as vistas do mirador e as obrigadas fotos.
B. Saímos a unha pista.
C.- Nesta granxa dan auga fresca. Despois subimos ó mirador de Cerqueiros
D. Iniciamos unha ruta circular que non está no track (para facer máis Km.) e pasamos polo mirador do Sanguiñedo.
E.- Saímos da ruta circular e poñemos rumbo a Piladeleña.
F. Paramos na taberna co mesmo nome Piladeleña: pequena merenda. Para o condutor, no bar ten unha caña e un bo pincho de xamón, (invitan os ciclistas).
Eiquí hai un punto de inflexión da ruta. Levamos 70km nas pernas con 2000m de desnivel acumulado. Pódese ir ata Pontedeume por carretera. Na ruta anterior de 29 quedaron 14 supermanes dispostos a acabar. Agora vaise por camiños forestais recorrendo o concello de Monfero, moi de Fraga.
Por si alguén se cansa temos varios puntos de contacto coa furgalla. Quen queira pode cambiar co condutor:
G.- 43°22'6.31"N 8° 2'2.92"O Vilaxestoso
H.- 43°22'48.58"N 8° 3'45.68"O Castiñeiras
I.- 43°23'22.45"N 8° 4'47.03"O Cabana. Preto da AC144
J.- 43°22'41.46"N 8° 5'51.81"O Allón. Preto da AC151
K.- META: E por fin chegamos o castelo de Andrade, xa se ve o Mar!!
5 comentarios:
La seña de identidad de este desafío: Perfectamente organizado todo, todo. Fué un gran desafío, en todos los SENTIDOS.
Terminamos a las 22.30, muertos y artos de bici, casi.
Reitero:
<< Gracias organizadores. >>
y gracias a Fesonep da Peña Laboreira por cedernos la ruta; los 20 klms. finales fueron el resumen y la esencia del reto.
Esperando la entrada oficial...
Bo día.
Si todo perfecto, a pequenada portouse. Gran traballo de Luchiño, Choren e Xemelgas. Se temos que poñer un pero, sería que o licor café quedou algo escaso. E por riba, foi acaparado por catro cheiñas.
Agardando a entrada oficial... (esperando, que a mesma no tarde en chegar coma o castelo)
A mi lo unico es que la ruta se quedo algo escasa y donde os doy la razon es en la organizacion,,,un 10 jajajja...pero yo alli no vuelvo...
Pero para mi el 10 se lo lleva el Maestro,,puto demonio no se le achica no queriendo,,para el proximo desafio hay que ponerlo mas dificil que lo quiero ver gripar..jajjajajaj
Eo non entendo de graficos pero vendo ese tan bonitiño que puxo Gemelas, crallo acordouseme de memoria toda a ruta.
SOBRESALIENTE para los organizadores y los colaboradores
Lucho, por fin sacaches o carnet de manipulador de GPS.
Casi gripo pero foi por falta de engrase(licor cafe) como ven di Furon.
Publicar un comentario