
Temos que poñernos en serio co Desafío 2011, pois se non, chega o día e pasa a romería.
Despois de moitas convesas fixouse a data do 12 de xuño e a ruta polas fraguas do Eume , que Lucho e mais eu sondeamos o pasado 16 de abril en colaboración co amigo Fernando, da Peña Ciclista Leboreira, e outos 50 toliños. En wikilock tedes o track: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1622473 e tamén tedes comentarios e fotos aquí: http://eume-btt.blogspot.com/
Podedes ver q a zoa é ben bonita, e, se a fixen eu, pódela facer calquera de vos.
Para cear, durmir e almorzar hai un albergue moi próximo a Pontedeume, cun bo precio. Non respondo da calidade das camas nin respondo por quen lle toque durmir co Furón (temos que compartir cada habitación 3 ou 4). Se tomamos uns viños antes de cear, poderemolo aguantar.
O que temos que saber axiña é cánta xente se apunta para ter unha idea de cánto reservar. Ide comentado no foro para apuntaros. E os que se apunten terán que poñer 20€ para facer a reserva. O próximo domingo levade pasta (un billete, non levo cambio).
Fdo. Os organizadores democráticamente elixidos: Chorén, Lucho, Xemelgas.
