martes, 16 de abril de 2013

O Páramo

A ver oh!!!!!!!

xa vai semana e pico que fostes ao Páramo e aquí non o conta nin dios.

Moito guasap moito guasap, pero o pobriño do blog, triste e soíño...

Pois conto eu a miña subida de hoxe. Serei breve: día cojonudo, algo de barro en tramos, recorrido suave e fácil ata a último km que xa se complica.
Á volta levei unha hostia que quedou nun rasponazo na rodilla. Antes deso case me comen tres cans na cima que viñeron acompañando a un exciclista "raro".

Cheguei máis ou menos ben, pero mentres ía polo paseo do Miño xa chegando á ponte branca, adiantáronme dúas rapazas en bicis de paseo, quedei un pouco fundido.
O vídeo é cutre, pero eu non teño aifon.
Momento publicitario: wikiloc: De Lugo ao Páramo
E na más.
hala, chao

NOTA DE MARIN
Dejad la bicicleta o practicad ese deporte con las debidas precauciones, según consejo del doctor De Eleízegui


domingo, 14 de abril de 2013

Desafío 2013: Avance informativo

Atendendo ás urxencias de Lucho: O Desafío leva retraso porque con este inverno do carallo non había maneira de probar camiños.
Despois de valorar certas cuestións, o lugar do Desafío será Babia. Miro coñece parte da ruta prevista, en canto esté comprobada toda ela xa enviarei o track.

En canto á data, que vos parece finais de maio-principios de xuño?, digo por non ter moita calor, inda que nunca se sabe.

Onde está Babia??  Pois aquí:


Ver mapa más grande Máis adiante, máis.
chau