lunes, 13 de junio de 2011

Desafío 2011: los peligros del licor-café


“Os pequenos” sin comerlo ni beberlo quedaron encargados, allá por el invierno, de organizar este acontecimiento que año tras año nos empeñamos en celebrar. Y dieron la talla; vaya si la dieron.
El albergue era ideal y detalles como un buen vino en la cena y la disponibilidad de la ducha al acabar marcan la diferencia. El recorrido era muy duro y acabamos hasta los…pero ellos ya lo habían hecho unas semanas antes para asegurarse de que los caminos estaban despejados. La planificación de la furgoneta de asistencia fue perfecta, utilizando tecnologías de vanguardia para que apareciera en todos los sitios importantes y en el momento justo (gracias a Furón el préstamo de tan preciada herramienta de trabajo y a Chorén y Snauzer por conducir).
Este es el primer objetivo de la crónica oficial:
Reconocer el trabajo de Xemelgas, Chorén y Lucho para que disfrutáramos de otra jornada inolvidable.
El segundo es completarla en los comentarios. Manos a la obra

domingo, 12 de junio de 2011

Non o sabíades, pero xa temos a ruta antes de sair!!!

1 Saímos da Torre de Andrade, en dirección a Pontedeume.

2. Seguimos cara a Barcia.

3. Pouco despois, apartamos a esquerda cara o Río Belelle (Parque micolóxico), unha zona preciosa, que vai pola beira do río.

4. Subimos ata Vilar de Mouros e paramos a almorzar en Cafetería A Palma (?): café pa todos e algo pa mollar, coller algo de comida da furgalla e a seguir.

5.- Cruzamos a AC121.

6.- Unha granxa antes de sobir ó Forgoselo.

7.- Baixamos dirección Goente, e no cruce coa AC-142, paramos para repostar. Pequeno almorzo. No bar hai tapa de callos. No propio bar tamén hai estanco.

Nota bici: Baixada do Belelle dende o Fontardión. (???)

8.- Cruzamos AC564.

9.- Cruzamos AC564, máis preto de A Capela.

10. Almorzo en O Pazo, preto do restaurante do mesmo nome.

Despois dun difícil acceso, baixada ó Monasterio de Caaveiro, rápida, vertixinosa..Coidado coa xente, que algunha se atreve a subir por alí. Hai moita area e polvo.

Paga a pena ver un pouco o Monasterio de Caaverio , Coller auga na fonte e sacar un par de fotos diante do xa remodelado Monasteiro, como todos sabedes situado en plenas Fragas do Eume, con ese microclima que o caracteriza.

A.- Pasamos pola central do Eume :Ultima parada da furgalla antes de cruzar o río e comezar a subida. Comeza o bó. (como se ata aquí fora un paseo..). Toca subir, subir moito, pero moito moito.. de cota 50m que está a central a cota 650 que está o mirardor... creo que son en 6 km 600m de desnivel, non está mal despois de 50km e 5 horas de ruta..

Disfrutamos as vistas do mirador e as obrigadas fotos.

B. Saímos a unha pista.

C.- Nesta granxa dan auga fresca. Despois subimos ó mirador de Cerqueiros

D. Iniciamos unha ruta circular que non está no track (para facer máis Km.) e pasamos polo mirador do Sanguiñedo.

E.- Saímos da ruta circular e poñemos rumbo a Piladeleña.

F. Paramos na taberna co mesmo nome Piladeleña: pequena merenda. Para o condutor, no bar ten unha caña e un bo pincho de xamón, (invitan os ciclistas).

Eiquí hai un punto de inflexión da ruta. Levamos 70km nas pernas con 2000m de desnivel acumulado. Pódese ir ata Pontedeume por carretera. Na ruta anterior de 29 quedaron 14 supermanes dispostos a acabar. Agora vaise por camiños forestais recorrendo o concello de Monfero, moi de Fraga.

Por si alguén se cansa temos varios puntos de contacto coa furgalla. Quen queira pode cambiar co condutor:

G.- 43°22'6.31"N 8° 2'2.92"O Vilaxestoso

H.- 43°22'48.58"N 8° 3'45.68"O Castiñeiras

I.- 43°23'22.45"N 8° 4'47.03"O Cabana. Preto da AC144

J.- 43°22'41.46"N 8° 5'51.81"O Allón. Preto da AC151

K.- META: E por fin chegamos o castelo de Andrade, xa se ve o Mar!!

martes, 7 de junio de 2011

Xa tamos ahí: DESAFÍO 2011

Xa tamos ahí.

Xa queda menos.

Falta ben pouqiño...


Tades preparados????


Van algunhas indicacións. Iremos poñendo máis, ou poñede as vosas suxerencias.

¿Onde durmimos? No Albergue Turístico Rural Alvarella. http://www.alvarella.com
¿cómo chegar? Tedes aquí as indicacións dende Pontedeume: http://www.alvarella.com/llegar.htm Ollo cos radares nas zonas a 50, sobre todo se vides por carretera dende Betanzos.
¿cándo temos que estar alí? As nove e media sírvese a cea. Quen chegue máis tarde, pode levar bocata.
¿de ónde saímos? Os que poidan saír antes quedamos onde o ano pasado (Avda. Ramón Ferreiro, fronte á Aneja). Alí teremos furgoneta para quen queira usala para levar a bici (traede manta e cincha). Apuntarse aquí quen a necesite ou non para estimar a capacidade. Quedade por grupos para levar menos coches.
¿cándo saímos? Penso q si saímos ás 17:30 temos tempo para tomar uns viños por Pontedeume. ¿qué vos parece?