Día: Sábado 30 de Abril.
Hora: a partir das 21.00
Lugar: En secreto. Moi preto da cidade de Lugo.
Menú: Cena campera, non faltará de nada.
Para apuntarse: Aquí no blog. As dudas tamén.
--------------------oOo--------------------
Moitos nomes se lle poderían poñer a ruta de hoxe, pero eu quédome con:
A ruta da Loba.-
Saída moi puntual dende a porta do Santo collendo cara o Mera para badealo o traveso de aquela auga xélida. Tres optaron por dar a volta pa non mollarse, non foron ben mirados. Un, moi itelixentemente, descalzouse, cruzou e calzouse mantendo así o peiños secos. Esto tampouco foi ben visto. Despois a os mollados malolladores lles costaría mais de un estornudo seco.
Pasado esto o Maestro levou a ruta os montes de Ombreiro por onde dando lazadas e en contínuo ascenso discurreo hasta voltar a Penarrubia. En estes intres Mtr. Potasio despistouse e faltaba do grupo, algunhos dixeron que quedaba con ela na man. A Francesita seguida por o bon de Luchiño747 tornou en unha estéril búsqueda, pouco despois o Maestro tocaba reunión e o perdido aparecería preto do Pino con todo recollido.
As baixadas de Penarrubia hasta chegar a cidade discurriron enlazando carreiros que son de habitual subida e que trouxeron bo regusto o fin de festa.
Antes de cruzar a Avda. da Coruña tres compoñentes do grupo, con os ollos como platos, visionaron a que deu nome a ruta; ela, con ondas de cabelos mouros deixaba o paso de cebra recendendo a xazmín.
Boas noites.